Skip to content Skip to footer

Servizos

Instalacións fotovoltaicas

Calidade e confianza

Aforro e rendemento coa instalación de placas solares en Galicia

As instalacións de placas solares en Galicia xeran múltiples beneficios que se poden notar desde o primeiro mes, xa que permiten aforrar entre un 60%-80% en facturas de luz, o que amortiza o investimento efectuado entre 4 e 6 anos, segundo as subvencións que haxan dispoñibles no momento da solicitude.

As instalacións de autoconsumo fotovoltaico teñen unha vida útil de 25 a 30 anos, o que indica que dita instalación manterá un rendemento do 90% nos primeiros anos, aínda que, despois deste tempo, os paneis continúan xerando enerxía limpa e gratuíta.

En canto aos custos dunha instalación de paneis solares en Galicia, estes dependerán de varios factores, como o lugar, a calidade dos materiais e da dificultade que presente a posta en marcha da instalación, por exemplo, a accesibilidade ao tellado.

A partir de aquí, o importe virá marcado pola dimensión que se decida instalar. Este tamaño (número de placas) dependerá esencialmente do consumo enerxético da vivenda ou negocio.

Para unha instalación de autoconsumo en Galicia, xa sexa para unha vivenda unifamiliar, empresa ou comunidade, tómase moi en conta a información do estudo previo realizado, debido a que axuda a determinar o prezo da instalación de placas solares. Desta forma, podemos enviar o orzamento segundo as necesidades do cliente.

O orzamento da instalación de placas solares permite coñecer todos os detalles e pode variar, xa que se deben tomar en conta unha serie de factores como a magnitude da instalación, espazo dispoñible, consumo de electricidade, orientación, prezos dos paneis, etc.

Se queres un orzamento a medida ou tes algunha consulta non dubides en contactarn

HORARIO: ATA AS 17:30h
Emerxencias: 24h. e festivos

calidade e confianza

Outros servizos que che ofrecemos

Xoelec. Instalacións eléctricas.

Instalacións eléctricas

Aforra na túa factura eléctrica e contribúe ao medio ambiente coa instalación de placas solares e o uso de enerxía renovable.

Puntos de recarga.

Puntos de recarga

Servizo de instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos en fogares e empresas. Instalación rápida, segura e eficiente.

Xoelec.Eficiencia enerxética.

Eficiencia enerxética

Avalía o teu consumo de enerxía e proporeiche solucións personalizadas para reducir o seu consumo e, por tanto, custos.

Vivenda

Instalar placas solares no teu fogar é un excelente investimento a longo prazo que proporciona importantes aforros na túa factura de electricidade, sempre e cando se realice tendo en conta a túa situación particular. Non o penses máis, solicita agora o teu estudo a medida.

Comunidades

Instalar paneis solares nunha comunidade de propietarios require dalgúns pasos adicionais, pero sigue sendo unha excelente forma de aforrar e de xerar enerxía sostible. Contacta e asesorámoste.

Empresas

Instalar paneis solares no teu negocio é unha excelente forma de reducir os teus custos de enerxía, ser máis competitivo, mellorar a túa rendibilidade e reducir a túa pegada de carbono. Aproveita e non perdas a oportunidade de ter un negocio máis sostible e eficiente. Contacta agora.
× Como podo axudarche?