Skip to content Skip to footer

Servizos

Puntos de recarga

Xoelec. Instalación de puntos de recarga
Xoelec. Instalación de puntos de recarga.
Puntos de recarga para vehículos eléctricos

Instalador de puntos de recarga en Galicia

Buscas un instalador de puntos de recarga para vehículos eléctricos en Galicia? Ofrecémosche a nosa experiencia. 

A solución perfecta para particulares, comunidades de veciños e empresas en Galicia que queren contribuír ao coidado do medio ambiente mentres gozan da comodidade de cargar os seus vehículos eléctricos na casa, na oficina ou na túa comunidade.

Instalamos puntos de recarga en vivendas unifamiliares, garaxes comunitarios, empresas, … Aseguramos unha instalación rápida, eficiente e sen problemas para que poidas gozar da carga do teu vehículo eléctrico en pouco tempo.

Ao elixir este servizo de instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos, estarás a contribuír á redución de emisións de carbono, o que beneficia a todos. Ademais, a instalación de puntos de recarga tamén aumentará o valor da túa propiedade e mellorará a experiencia de carga do teu vehículo eléctrico.

Facemos  orzamentos personalizados, adaptados as túas necesidades. 

Solicita o teu orzamento agora sen compromiso.

Horario: ata as  17:30h
EMERXENCIAS24H. E FESTIVOS

calidade e confianza

Todos os nosos servizos

Xoelec-fotovoltaica

Instalacións fotovoltaicas

Aforra na túa factura eléctrica e contribúe ao medio ambiente coa instalación de placas solares e o uso de enerxía renovable.

Xoelec. Instalacións eléctricas.

Instalacións eléctricas

Servizo de instalacións eléctricas deseñadas para proporcionarche un sistema eléctrico seguro e que funcione sen problemas durante anos.

Xoelec.Eficiencia enerxética.

Eficiencia enerxética

Avalía o teu consumo de enerxía e proporeiche solucións personalizadas para reducir o seu consumo e, por tanto, custos.

Vivenda

Se estás a pensar en adquirir un vehículo eléctrico e necesitas unha solución de carga no teu fogar, entón necesitas un instalador de puntos de recarga para vivendas. Con esta solución, poderás cargar o teu vehículo eléctrico de forma rápida e cómoda, sen necesidade de acudir a estacións de carga públicas. Ademais, a instalación dun punto de recarga pode aumentar o valor da túa propiedade.

Comunidades

Se a comunidade de propietarios vai colocar puntos de recarga ou se o vas a colocalo ti na túa praza de aparcamento, contáctanos. Facemos a instalación que mais vos interese tendo en consideración as opcións que permite a normativa.

Empresa

Se a túa empresa se pasa á mobilidade sostible, ponte en contacto. Estudamos a solución que mellor se adapta as túas necesidades e, unha vez instalada, garantimos o seu mantemento.
× Como podo axudarche?